ACTÍVATE!

ACTÍVATE!

xoves, 6 de novembro de 2014

COLECTIVOS DE EXCLUSION SOCIAL: CARACTERISTICAS E INSERCIÓN LABORAL


A miña colaboración como firma invitada grazas o equipo de Orientificate



A exclusión social está relacionada con variables estruturais( clase social, etnia, xénero…) e fai referencia os obstáculos que teñen determinadas persoas para participar plenamente na vida social, política, económica do país e ven afectados os seus dereitos e oportunidades vitais como cidadás de pleno dereito.





Os colectivos mais frecuentes de exclusión social son os seguintes: titulares e perceptores de rendas mínimas de inserción, persoas con enfermidade mental, parados de longa duración e mulleres maiores de 45 anos, mulleres vítimas de violencia de xénero, mulleres vítimas da trata, persoas con barreiras lingúísticas, persoas de etnia xitana, persoas sen fogar,persoas transexuais, mozos que proveñen de centros de acollida ou reeducación e persoas ex -drogodependentes ou con VIH.








Estes colectivos mostran altos índices de discriminación tanto no seu pleno acceso social como laboral.

 

As dificultades que teñen en común en relación ca inserción laboral: 

· Falta de habilidades sociais e persoais

· Escasa formación e cualificación profesional

· Alta desinformación sobre a situación do mercado laboral e os seus mecanismos

· Carencia de habilidades para a busca de emprego

· Determinado desarraigo educativo, familiar e social

· Ausencia o escasa experiencia laboral regular

· Falta de autonomía persoal e baixa motivación

· Autopercepción negativa

· Dificultades para afrontar o nivel de produtividade laboral dentro das empresas( falla de disciplina, escasa constancia e baixo interese pola produción)

· Determinados grado de pasividade e debilidade ante reivindicacións e dereitos sociolaborais

· Vulnerabilidade e exclusión social afecta negativamente as mulleres.





As principais liñas metodolóxicas para a inserción laboral de colectivos desfavorecidos: 



· Itinerarios de inserción: conxunto de medidas planificadas no tempo e individualizas que permiten a mellora da empregabilidade do usuario/a

· Acollida, información e orientación sociolaboral

· Formación para o emprego

· Intermediación laboral

· Autoemprego

· Contornas laborais protexidos tales como centros especias de emprego, empresas de inserción e empresas con responsabilidade social corporativo

· Medidas complementarias tales como apoio psicolóxico, apoio familiar, saúde, vivenda, rendas…

Vos deixo aquí unha guía de inserción sociolaboral para colectivos de exclusión social de cruz vermella


GUIA SOCIOLABORAL PARA COLECTIVOS EXCLUSION SOCIAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario