ACTÍVATE!

ACTÍVATE!

martes, 28 de outubro de 2014

REFLEXION MÓDULO II
Rocío Trastoy García

Neste módulo habería 2 partes:
 -A orientación laboral, habilidades de comunicación e habilidades sociais
- A web 2.0 e as competencias dixitais da orientación laboral

Na primeira parte, entrarían as competencias das e dos profesionais da Orientación Laboral:
  • Habilidades sociais e persoais para a comunicación
  •  Coñecemento da lexislación
  • Traballo cooperativo
  • Perfís profesionais
  • Actualización permanente de coñecementos
  • Manexo das tecnoloxías da información e da comunicación

A competencia social é a capacidade de manter boas relacións cos demais, isto implica ter habilidades sociais básicas e capacidade de comunicación.

A comunicación é o proceso mediante o cal a persoa que emite a mensaxe e a que a recibe establecen unha conexión, onde transmiten, intercambian e comparten ideas, información.
A comunicación pode ser verbal: a importancia que teñen as palabras, e a non verbal: xestos, movementos, e os efectos negativos que poden ter.
A competencia comunicativa: adaptar a linguaxe ás persoas receptoras. Transmitir ideas de xeito axeitado.

Escoita activa é un arte.  É captar o significado e interpretar correctamente a información.

Habilidades e competencias sociais: a capacidade de adaptación, a empatía a asertividade, e a intelixencia emocional.

A intelixencia emocional: coñecer as propias emocións, manexalas, motivación, recoñecer as emocións dos demais e establecer relacións.





A outra parte sería a Orientación Laboral na Web 2.0.
As e os  profesionais da orientación, aparte de dispoñer de coñecementos técnicos e teóricos  e competencias, debe manexar a contorna dixital e tecnolóxica.

Internet permite acceder a multiplicidade de fontes, dispoñer dunha información actualizada de forma permanente.
  • Novas canles de busca
  • Novos medios e soportes: Videocurrículo, Blogues
  • Novos medios de relación profesional: Linkedin, Facebook, Twiter,
  • Novas ocupacións e perfís profesionais

A identidade dixital, que se constrúe a partires da nosa actividade na rede e da actividade dos demais en relación con nós. É a representación que proxectamos desde internet.

Así temos, ferramentas para o emprego, para a promoción profesional:

- Tarxetas de presentación: About.me
- Blogue profesional: Blogger
- Perfil rede social profesional: Linkedin
- Emprego profesional dun espazo: Twiter
- Curación de contidos: Scoop.it, Storify
- Espazos sociais: Facebook, Twiter, Google +, Pinterest,



Ningún comentario:

Publicar un comentario